Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Agosto 2007

OS SOLDOS DOS CONCELLEIROS

ascroas 28/08/2007 @ 15:51
fraga.jpgOs altos cargos da Xunta de Galiza cobrarán, a partir de agora, un salario anual de 15.000 euros de por vida. Entre estes estarán o presidente, conselleiros , directores xerais e directores xerentes.
Os concelleiros de Pontedeume están poñendo ao Concello nunha situación de ingobernabilidade por mor dos soldos que se atribúen. Os que sempre criticaron que se cobrasen soldos, agora o aceptan como unha evolución política (F. García Sande-COE). Outros siguen opoñéndose a estes cobros, entendendo que a entrega política debe ser desinteresada. Os partidarios das asignacións din que se se quere que o Concello funcione debe ser a costa dunha adicación exclusiva que terá que ser remunerada.
O certo é que durante moitos anos o Concello de Pontedeume funcionou, máis mal que ben, sen soldos para os seus rexedores. Foi Belarmino Freire quen instaurou esta medida que beneficiou a socialistas e nacionalistas. Eles fixaron as cantidades que deberían cobrar en función de non se sabe ben se a súa capacidade ou do seu horario. E algúns cobraron sen ter capacidade e sen cumprir horario. Pola contra, non se implantou a contrapartida do despido en caso de incompetencia, co cal o pobo de Pontedeume seguíu pagando a desastrosa xestión dos últimos anos.
A política é así e así será. Son os políticos os únicos que traballando (alomenos iso din) para os demais fíxanse eles mesmos os soldos a cobrar. Non pasará moito tempo antes de ver como os concelleiros emulan aos altos cargos da Xunta e deciden cobrarse un sobresoldo de por vida. O peor é o efecto chamada que pode ter no futuro para os ávidos buscadores da vida fácil.

Unha nova de última hora:

A reforma da función pública tamén lle dá o sobresoldo a ex alcaldes e deputados

O descubrimento deste novo privilexio que pasara inicialmente desapercibido serviu para que este martes e desde o Movemento pola Igualdade no Emprego Público cualificasen unha vez máis de "cacicada" a reforma e criticasen un privilexio que concede "un sobresoldo de por vida por un traballo que non van exercer". "É impropio dunha sociedade democrática avanzada", láianse. (Lido en Vieiros)

SABER VIVIR

ascroas 22/08/2007 @ 22:48


LIORTAS NOCTURNAS

ascroas 22/08/2007 @ 01:18
alcohol.jpgO parentesco entre sábados e liortas xa está suficientemente demostrado. A última pelexa tivo lugar o pasado fin de semana entre "señoritos da Penela" e "furibundos vilanchos". Non coñecemos o resultado final nin os vencedores. Dá igual porque os perdedores somos os que aspiramos a unha vila moderna, tolerante, solidaria, pacífica, culta e cun nivel de vida propio das cidades europeas. Unha utopía. Pontedeume sigue a ser unha localidade na que perviven os vellos exemplares da España ruda, os expoñentes da virilidade celtibérica. ¿Onde se víu que un home culto é mellor que un patán con atributos entre as pernas? O mesmo deben pensar os que teñen nas súas mans a salvagarda da orde pública pois os sábados á noite o territorio eumés é zona liberada para os que fan das bravatas o seu estilo de vida. Bares que emborrachan a menores, menores que desexan imitar aos adultos, adultos con coeficiente infantil, autoridades que non velan pola convivencia, policías que descansan, médicos superados no seu traballo, profesores desorientados,...
E Pontedeume sigue a ser unha vila tradicional.

CRISE NO CONCELLO

ascroas 11/08/2007 @ 17:39

sande1.jpg

Non todo vale co fin de conseguir o obxectivo. Sobre todo cando ese obxectivo non tiña unha liña clara sobre cal sería a forma máis axeitada de gobernar. A impresión que se tiña en vésperas electorais era que o COE quería chegar a gobernar polo simple feito de facelo. Mais nunca se preguntaron se esa tarefa lles quedaría grande. O certo é que os membros desta agrupación electoral (non confundir cun partido político) non estaban preparados nin política nin intelectualmente para dirixir os destinos do concello de Pontedeume. Dende a súa aparición como grupo non demostraron outra cousa que o seu baixo nivel cultural e político. Aos panfletos nos remitimos. Uns escritos que, lonxe de avergoñalos, servíronlles para auparse ao salón de plenos coa inestimábel axuda dos que estaban fartos de soportar aos chachos, belarminos e reis (a eses votantes habería que lembrarlles que se non lles gusta a súa parella, non están obrigados a escoller outra. A soidade é unha opción válida como a que máis).

A función de goberno demanda aos que a exercen unha entrega desinteresada en favor do ben público que se xestiona. Calquera intromisión dos intereses privados non fai máis que entorpecer ou liquidar ese labor. Descoñécense as causas reais das diverxencias entre os concelleiros do COE pero non deixa de chamar a atención que se produzan precisamente cando acceden ao poder. En boa lóxica podemos afirmar que o protagonismo ou as prebendas son a causa das desavenencias.

Cremos que o pobo de Pontedeume errou ao elexir os seus representantes. Un erro que se repite na tempo. Pode que os que se presentan nas eleccións non sexan os máis adecuados mais iso non nos obriga a outorgarlles a nosa confianza. O que non sabemos é o por que só os interesados, corruptos e incopetentes son os que queren gobernar. Onde están os homes e mulleres xustos é un misterio. Quizais non existan. Quizais formen parte dunha especie extinguida no 36.

 

La Voz de Galicia

A HOSTALARÍA EUMESA

ascroas 08/08/2007 @ 01:40
terraza_parisina.jpgVivimos nunha vila na que o tempo parece deterse, polo menos nalgunhas actividades. Dende que Einstein fíxonos saber que o tempo non transcorre por igual para todos, pasaron moitos anos e outras tantas demostracións dese principio. 
Os hostaleiros eumeses gozan dunha dobre cualidade. Se por unha banda son capaces de permanecer en estado de hibernación, por outra son os primeiros en adiantar aos colegas europeos. Compaxinar lentitude e prontitude non é doado para os que estamos afeitos a un determinado ritmo e evitamos as brusquedades. Non é o caso dos propietarios de bares e tabernas. Cando noutros lugares souberon intuir que a modernización dos locais era unha condición imprescindíbel para a boa marcha dos negocios, en Pontedeume optaron por non tocar os establecimentos, deixando que o propio peso das paredes ameazase con sepultar aos clientes. Pero tamén, cando as circunstancias o requeriron, souberon liderar os maiores progresos económicos. Acabamos de ler que en España, á cal pertence Pontedeume por dereito propio, os consumidores sufrimos os maiores incrementos nos prezos da hostalaría de toda Europa. E todo dende a incorporación ao euro. Raros privilexios estes que non colocan á cabeza da comunidade europea. Mentres en España o aumento alcanzou o 40% , en Alemaña, a do milagre económico, só foi dun 15%.
Non teremos as terrazas de París, nin os escusados suízos, pero somos os primeiros en incrementar os prezos.