Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Abril 2008

As catacumbas, un investimento con futuro

ascroas 08/04/2008 @ 23:21

catacumba.jpg

Moitos séculos despois da aparición das catacumbas, estas son motivo de peregrinación e visitas turísticas. Unha fonte de ingresos para as vilas nas que están asentadas estas antigas construcións cristianas. Como se sabe foron os discípulos de Cristo os que idearon estas grandes necrópoles que levou a algúns a bautizalas como a Roma Suberránea. Pero no só serviron como cemiterios; nun tempo foron lugar de refuxio ante a persecución que se decretou polos romanos. En suma, lugares de dor e medo.
Pero o tempo muda e con el os valores. O que antaño era sufrimento, hoxe é rentabilidade. Esa é a perspectiva coa que deberiamos mirar os pasos subterráneos que o Concello de Pontedeume quere construír para enterrar aos eumeses. Hoxe crean desconfianza aos curtos de miras, a aqueles que non saben ver o futuro máis aló do mañá. Os descendentes destes vilanchos reaccios ao progreso non lles perdoarán a súa oposición aos pasos subterráneos. As novas catacumbas do século XXI que traerán a Pontedeume a gloria dun pasado mal comprendido.