Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Xaneiro 2009

Pontedeume solidario

ascroas 07/01/2009 @ 00:19

gaza.jpg

Hoxe mércores hai prevista unha xuntanza en Pontedeume  á que estamos invitados todos os que nos sentimos doidos co xenocidio practicado por Israel co pobo palestino. Será no Centro de Maiores ás 8 da tarde. Acudamos.

Con Palestina

ascroas 04/01/2009 @ 17:47

gaza_ataque.jpgAo longo dos tempos moitos gobernantes foron acusados e condenados por xenocidas pero eran xefes de estado de países alonxados de Occidente. Xa se sabe que é Occidente quen define os crimes de guerra e quen sinala aos que os cometen. O estado hebreo é un firme aliado dese conglomerado chamado Occidente e por esa razón conta coa inestimábel axuda das potencias europeas e de EE.UU. Os crimes que Israel está a cometer en Palestina contra a poboación civil palestina-nenos.jpegserían catalogados por Europa como holocausto se o xefe de goberno se chamase Slobodan Milošević ou Theoneste Bagosora. Mais a autoría dun crime non o fai máis ou menos execrábel que outros. As vítimas non atenden ás razóns políticas para preguntarse o por que de tanto sufrimento. Medio milleiro de mortos en tan só unhas horas deberían ser un tremendo revulsivo para a nosa acomodada sociedade consumista, allea aos problemas actuais dun territorio  que, paradoxicamente, foi testemuña desa  historia que hoxe celebramos con ledicia.

palestina.jpgDende aquí queremos amosar a nosa solidariedade  con todos os palestinos en xeral e cos que residen en Pontedeume en particular. Facemos votos para que nun futuro próximo a paz sexa algo irrenunciábel e os actuais criminais sexan xulgados como tales pola comunidade internacional.