Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Febreiro 2009

Receitas eumesas

ascroas 17/02/2009 @ 13:22

POLO AO CONCELLEIRO

Ingredientes:

- Un polo
- Un despacho
- Un par de chourizos

Preparación:

- Cóllese o polo.
- Colócase nun despacho.
- Rodéase de chourizos.
- Déixase ao seu antollo.
- El só vaise facendo rico, rico, rico.

Probablemente Deus non existe

ascroas 04/02/2009 @ 17:00

A pesares diso existe a humanidade.

Así que deixa de preocuparte pola vida eterna e traballa polo presente.

Deixa de preocuparte polos pecados e disfruta da existencia.

Non esperes que os desalmados reciban o seu castigo. Axúdalles a encontralo.

Non esperes que a túa bondade sexa recompensada. Sempre haberá un mal nacido que se aproveite de ti.

A Terra xa non é o centro do Universo. Deus foi vítima dun buraco negro.

Desaparecido Deus, que che impide ser libre?

Probablemente a felicidade non exista e teñamos que reinventala.

Probablemente teñamos que reinventar Pontedeume.

O botellón súbeselle á cabeza ao Concello

ascroas 01/02/2009 @ 02:42

botellon.jpgHai unha preocupación seria polo fenómeno do chamado botellón. Digamos que unha dobre preocupación. Por unha banda o consumo de alcol é prexudicial para os máis xoves (e tamén para os adultos, claro). Por outra, o mobiliario urbano e os lugares públicos nos que se realizan estes rituais de entrada na maiorìa de idade, sufren importantes deterioros pola inconsciencia etílica.

O Concello de Pontedeume vén de publicar un bando no que pide a colaboración do sector hostaleiro para erradicar os botellóns. Unha inxenuidade semellante á dos que pregonan que Endesa deixe de producir enerxía eléctrica porque contamina. O mercado non está para prescindir de beneficios e menos nos tempos que corren. Se os hostaleiros deixan de vender alcol aos rapaces, de que vivirán as súas familias? Se teñen que pechar os negocios (Pontedeume xa sufríu unha baixada importante no número de establecimentos comerciais) o índice de paro na comarca aumentaría significativamente.

Esta chamada do Concello á responsabilidade dos hostaleiros non é coherente tampouco coa implantación do servizo de autobuses para desprazarse as noites dos sábados ás vilas nas que se celebra o botellón.  O noitebús é un servizo solicitado polos concellos e sufragado pola Xunta de Galiza. Os autobuses deben seguir circulando e propiciando a avalancha de xoves á vila de Pontedeume

Dende aquí propoñemos algunha medida que seguro deixaría limpo o xardín de Lombardero e os almacéns de Raxoi. Iso si, non diminuiría o consumo de alcol pero alomenos salvariamos os lugares públicos. Propoñemos que os propietarios  dos bares regalen unha bebida aos mozos que entreguen no seu local 6 envases baleiros (O consumo medio nunha fin de semana é de 160 c.c. de alcol puro, ou sexa, medio litro de whisky)

Tamén se podería subvencionar o pago das bebidas dentro dos locais. Hai que pensar que os botellóns xurdiron polo elevado prezo das consumicións nos bares e pubs. Conseguiriase así que os rapaciños estivesen protexidos e os pais máis tranquilos (A idade media de iniciación no botellón é de 13,6 anos). Se o Concello paga unha porcentaxe do consumo, estaría aforrando cartos da limpeza e desperfectos ocasionados nos botellódromos.