Propoñemos dende aquí á Concellería de Cultura de Pontedeume que para o próximo ano monte unha exposición deste artista chamado Jam Montoya facéndoa coincidir coa Semana Santa. Un xeito lúdico e transgresivo que faría as delicias dos non crentes, sector importante na nosa sociedade.
Pontedeume non puido celebrar a Semana Santa. Houbo que suspender algunhas procesións por mor da chuvia. ¿Por que El, sendo omnipotente, permitíu que chovese? Quizais a última cea alongouse demasiado.