A CAZA DO RAPOSO
ascroas — 12-01-2007 GTM -1 @ 23:23
Segundo unha nova que publica La Voz de Galicia, na comarca do Eume celebrarase o día 20 deste mes un campionato provincial de caza do raposo ao que acudirán 700 cazadores. Ao remate da cacería, os participantes xantarán nun coñecido restaurante da zona.
Non confundir ao raposo co personaxe xusticieiro da literatura e dos cómics que liamos de pequenos. Se algún paralelismo se quere establecer deberíase pensar máis nun negro personaxe obsesionado con outro tipo de xustiza, a que provén dun ente superior.
Non é casual que sexa Pontedeume o lugar elexido para dar caza ao raposo. A nosa localidade non é allea a esta especie que tanto se prodiga nos últimos anos. Quen máis e quen menos tivo algún encontro (ou encontronazo) con este mamífero. Pero nunca ninguén se propuxo organizar unha batida para lle dar caza. Que sexan 700 os aspirantes a facerse coa codiciada peza pode levar a algúns a retrotraerse no tempo e rememorar épocas pasadas de persecucións implacabeis, dende o imperio romano ata a nosa guerra cívil. Persecucións que non lograron erradicar do noso territorio esta arcaica especie.
O raposo este ten unha facilidade envidiábel para adaptarse ao seu hábitat. Cando por motivos sociais ou ambientais debe mudar de parroquias, axiña escruta o territorio e delimita unha zona de influencia á que os seus inimigos teñen o acceso restrinxido, gozando de grande influencias entre a fauna do lugar. O seu comportamento segue un ritual que, non por repetido, é menos efectivo. Unha vez localizada a presa esta é aillada do seu entorno, introducida no templo, e sacrificada en aras da perpetuación da estirpe.
Entre as súas dotes para manexarse comodamente entre os seus conxéneres fai gala de diversos atributos.
Destaca a súa cola de 35 cm de longo. Ademais é moi peculiar porque posúe unha glándula que segrega un líquido de olor forte y desagradábel.
En xeral permanece solitario pero pode vivir con dúas ou tres femias.
A cópula do raposo soe durar uns 30 minutos.
Na cultura tradicional considérase ao raposo un animal moi astuto. Cualidade esta fundamental para a pervivencia do exemplar.

Chúzao
del.icio.us
Os rapaciños do colexio Couceior Freixomil xa teñen un novo centro despois de que o seu fose anegado polas augas subterráneas.
Un pouco tarde a verdade sexa dita pero por fin comézase a falar dos terribeis anos da represión franquista. Cando as víctimas superviventes xa perderon o medo a falar, un medo enquistado na alma durante 60 anos, coñecemos algúns lugares nos que foron enterrados os que foron salvaxemente asasinados polos adaís do nacionalcatolicismo. Os nomes dos axusticiados lograron pervivir na nosa memoria; na dos vencedores borrouse toda pegada dos crímenes cometidos. Quizais para non atormentarse, quizais para non rendir contas ante a lei nin ante o seu Deus.