Que fan alí?
ascroas — 15-03-2009 GTM +1 @ 02:04Dous xoves eumeses partiron esta semana para Afganistán. Formaban parte dun continxente militar que ten por misión rematar o traballo que o exército dos U.S.A. non foi quen de executar, e nunca mellor dito.
Non cremos que estes rapaces, nin outros, deban participar nunha guerra que como todas é inxusta, innecesaria e só provoca sufrimento aos que menos culpan teñen. O seu lugar está onde os seus amigos e familiares, socializándose, formándose e gozando da vida. Todo o contrario do que supón van facer nun país arrasado pola guerra e a miseria.
Seguro que lles dixeron que a súa era unha misión humanitaria. Poucas veces a hipocrisía dos militares chegou tan lonxe para xustificar as barbaridades dos conflitos bélicos. Poucas veces os políticos se amosaron tan fachendosos á hora de dobregarse ante o poder do imperio. E como sempre, os inocentes pagando os excesos.
A estas horas moitos xoves eumeses están a disfrutar da noite no xardín de Lombardero, no peirao ou na alameda de Raxoi. Pero outros dous están sufrindo unha situación que lles sobrepasa, que non buscaron e que non entenden.
Todos os homes e mulleres do mundo debemos pedir o seu regreso. Queremos telos connosco. E aos afganos hai que procurarlles saúde, progreso e formación. Algo que os exércitos non posúen.

Chúzao
del.icio.us

POLO AO CONCELLEIRO
Ingredientes:
- Un polo
- Un despacho
- Un par de chourizos
Preparación:
- Cóllese o polo.
- Colócase nun despacho.
- Rodéase de chourizos.
- Déixase ao seu antollo.
- El só vaise facendo rico, rico, rico.