Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

CATACUMBAS

ascroas — 09-09-2007 GTM +1 @ 02:01

tunel.jpgParece que certos "estudosos" do comportamento humano están convencidos da tendencia innata a refuxiarse  na terra ante a aparición de calquer perigo. Os soldados cavan trincheiras para protexerse do inimigo; Hitler construíu un bunker baixo terra; as catacumbas servían de refuxio aos antigos cristiáns ante a persecución dos romanos. Incapaces de facer fronte ao imperio, os crentes optaban por agocharse baixo terra, nun ensaio do que sería o fin da vida. Para os romanos quedaba a luz; para os cristiáns, as tebras.

Entre os que están convencidos do inevitábel desta conduta está o alcalde de Pontedeume. Convencido do grave perigo que entraña o excesivo número de automobeis para os, ata hai pouco, afortunados eumeses, decidíu cavar un paso subterraneo polo que poder comunicar os dous sectores nos que Pontedeume vai quedar dividido por mor das rotondas previstas.

Os cidadáns, afeitos xa á escuridade, se protexerán así da ameaza cada vez máis real dos vehículos. Temos que recoñecer que ante a industria automobilístca non somos máis que simples consumidores agradecidos por permitirnos movernos con facilidade dunha cidade a outra, dunha esquina a outra. De agradecidos é pois ceder a luz aos vehículos e conformarnos coas tebras subterraneas.

Pero que non se pense que o noso conformismo é gratuito. Esixiremos, como non, que se prohiba mexar nos pasos subterraneos e que estean dotados de candís para evitar asaltos. Se temos que descender de nivel queremos facelo con hixiene e seguridade.

 

OS SOLDOS DOS CONCELLEIROS

ascroas — 28-08-2007 GTM +1 @ 15:51
fraga.jpgOs altos cargos da Xunta de Galiza cobrarán, a partir de agora, un salario anual de 15.000 euros de por vida. Entre estes estarán o presidente, conselleiros , directores xerais e directores xerentes.
Os concelleiros de Pontedeume están poñendo ao Concello nunha situación de ingobernabilidade por mor dos soldos que se atribúen. Os que sempre criticaron que se cobrasen soldos, agora o aceptan como unha evolución política (F. García Sande-COE). Outros siguen opoñéndose a estes cobros, entendendo que a entrega política debe ser desinteresada. Os partidarios das asignacións din que se se quere que o Concello funcione debe ser a costa dunha adicación exclusiva que terá que ser remunerada.
O certo é que durante moitos anos o Concello de Pontedeume funcionou, máis mal que ben, sen soldos para os seus rexedores. Foi Belarmino Freire quen instaurou esta medida que beneficiou a socialistas e nacionalistas. Eles fixaron as cantidades que deberían cobrar en función de non se sabe ben se a súa capacidade ou do seu horario. E algúns cobraron sen ter capacidade e sen cumprir horario. Pola contra, non se implantou a contrapartida do despido en caso de incompetencia, co cal o pobo de Pontedeume seguíu pagando a desastrosa xestión dos últimos anos.
A política é así e así será. Son os políticos os únicos que traballando (alomenos iso din) para os demais fíxanse eles mesmos os soldos a cobrar. Non pasará moito tempo antes de ver como os concelleiros emulan aos altos cargos da Xunta e deciden cobrarse un sobresoldo de por vida. O peor é o efecto chamada que pode ter no futuro para os ávidos buscadores da vida fácil.

Unha nova de última hora:

A reforma da función pública tamén lle dá o sobresoldo a ex alcaldes e deputados

O descubrimento deste novo privilexio que pasara inicialmente desapercibido serviu para que este martes e desde o Movemento pola Igualdade no Emprego Público cualificasen unha vez máis de "cacicada" a reforma e criticasen un privilexio que concede "un sobresoldo de por vida por un traballo que non van exercer". "É impropio dunha sociedade democrática avanzada", láianse. (Lido en Vieiros)

SABER VIVIR

ascroas — 22-08-2007 GTM +1 @ 22:48


LIORTAS NOCTURNAS

ascroas — 22-08-2007 GTM +1 @ 01:18
alcohol.jpgO parentesco entre sábados e liortas xa está suficientemente demostrado. A última pelexa tivo lugar o pasado fin de semana entre "señoritos da Penela" e "furibundos vilanchos". Non coñecemos o resultado final nin os vencedores. Dá igual porque os perdedores somos os que aspiramos a unha vila moderna, tolerante, solidaria, pacífica, culta e cun nivel de vida propio das cidades europeas. Unha utopía. Pontedeume sigue a ser unha localidade na que perviven os vellos exemplares da España ruda, os expoñentes da virilidade celtibérica. ¿Onde se víu que un home culto é mellor que un patán con atributos entre as pernas? O mesmo deben pensar os que teñen nas súas mans a salvagarda da orde pública pois os sábados á noite o territorio eumés é zona liberada para os que fan das bravatas o seu estilo de vida. Bares que emborrachan a menores, menores que desexan imitar aos adultos, adultos con coeficiente infantil, autoridades que non velan pola convivencia, policías que descansan, médicos superados no seu traballo, profesores desorientados,...
E Pontedeume sigue a ser unha vila tradicional.

CRISE NO CONCELLO

ascroas — 11-08-2007 GTM +1 @ 17:39

sande1.jpg

Non todo vale co fin de conseguir o obxectivo. Sobre todo cando ese obxectivo non tiña unha liña clara sobre cal sería a forma máis axeitada de gobernar. A impresión que se tiña en vésperas electorais era que o COE quería chegar a gobernar polo simple feito de facelo. Mais nunca se preguntaron se esa tarefa lles quedaría grande. O certo é que os membros desta agrupación electoral (non confundir cun partido político) non estaban preparados nin política nin intelectualmente para dirixir os destinos do concello de Pontedeume. Dende a súa aparición como grupo non demostraron outra cousa que o seu baixo nivel cultural e político. Aos panfletos nos remitimos. Uns escritos que, lonxe de avergoñalos, servíronlles para auparse ao salón de plenos coa inestimábel axuda dos que estaban fartos de soportar aos chachos, belarminos e reis (a eses votantes habería que lembrarlles que se non lles gusta a súa parella, non están obrigados a escoller outra. A soidade é unha opción válida como a que máis).

A función de goberno demanda aos que a exercen unha entrega desinteresada en favor do ben público que se xestiona. Calquera intromisión dos intereses privados non fai máis que entorpecer ou liquidar ese labor. Descoñécense as causas reais das diverxencias entre os concelleiros do COE pero non deixa de chamar a atención que se produzan precisamente cando acceden ao poder. En boa lóxica podemos afirmar que o protagonismo ou as prebendas son a causa das desavenencias.

Cremos que o pobo de Pontedeume errou ao elexir os seus representantes. Un erro que se repite na tempo. Pode que os que se presentan nas eleccións non sexan os máis adecuados mais iso non nos obriga a outorgarlles a nosa confianza. O que non sabemos é o por que só os interesados, corruptos e incopetentes son os que queren gobernar. Onde están os homes e mulleres xustos é un misterio. Quizais non existan. Quizais formen parte dunha especie extinguida no 36.

 

La Voz de Galicia

A HOSTALARÍA EUMESA

ascroas — 08-08-2007 GTM +1 @ 01:40
terraza_parisina.jpgVivimos nunha vila na que o tempo parece deterse, polo menos nalgunhas actividades. Dende que Einstein fíxonos saber que o tempo non transcorre por igual para todos, pasaron moitos anos e outras tantas demostracións dese principio. 
Os hostaleiros eumeses gozan dunha dobre cualidade. Se por unha banda son capaces de permanecer en estado de hibernación, por outra son os primeiros en adiantar aos colegas europeos. Compaxinar lentitude e prontitude non é doado para os que estamos afeitos a un determinado ritmo e evitamos as brusquedades. Non é o caso dos propietarios de bares e tabernas. Cando noutros lugares souberon intuir que a modernización dos locais era unha condición imprescindíbel para a boa marcha dos negocios, en Pontedeume optaron por non tocar os establecimentos, deixando que o propio peso das paredes ameazase con sepultar aos clientes. Pero tamén, cando as circunstancias o requeriron, souberon liderar os maiores progresos económicos. Acabamos de ler que en España, á cal pertence Pontedeume por dereito propio, os consumidores sufrimos os maiores incrementos nos prezos da hostalaría de toda Europa. E todo dende a incorporación ao euro. Raros privilexios estes que non colocan á cabeza da comunidade europea. Mentres en España o aumento alcanzou o 40% , en Alemaña, a do milagre económico, só foi dun 15%.
Non teremos as terrazas de París, nin os escusados suízos, pero somos os primeiros en incrementar os prezos. 

ANASAGASTI E A FAMILIA REAL

ascroas — 27-07-2007 GTM +1 @ 01:53

anasagasti.jpgO sentimento republicano non desapareceu nunca. Puido estar agochado na época do franquismo pero ás veces, na intimidade da familia ou dos amigos máis entrañabeis, o republicanismo faciase evidente. Aínda hoxe non se pode dicir que non exista  certo temor a manifestar publicamente a identificación coas ideas republicanas, sobre todo se para iso é menester criticar á monarquía ou aos seus membros. Sabemos que a historia recente de represión e asasinatos está nas nosas mentes cal espada de Damocles. Nestas mesmas páxinas falouse, e moito por parte dos comentaristas, de feitos que serviron de proba da enorme crueldade que amosaron os gañadores da guerra civil cos republicanos en xeral, e os eumeses en particular.

Son poucos, polo tanto, os que se atreven a criticar a monarquía como institución, pero menos os que o fan cos monarcas ou herdeiros da monarquía. Algúns, os que recorren á sátira humorística, poden verse acusados dun delito recollido no código penal como ultraxe á familia real. O exemplo recente dos debuxantes do semanario El Jueves pode ilustrar á perfección como as cousas non cambiaron moito neste país que quere presumir de europeo e sen embargo amósase maís perto das autocracias do sur. Tamén hai quen, demostrando unha coraxe necesaria e rompedora, é capaz de poñer en entredito aos representantes supremos da monarquía herdada do franquismo. Un deles é o senador Iñaki Anasagasti queno non repara en descalificar na súa páxina aos monarcas españois. Un exercicio necesario para empezar a desmontar un legado imposto polo anterior xefe do estado, o pequeno ferrolano Francisco Franco. Estas son as palabras de Anasagasti que nos permitimos traducir aquí.

Organizouse unha boa a conta do debuxo do Xoves. E a verdade é que todo ésto é de risa. A metade da metade do que ocorre en Gran Bretaña e alí a Casa Real aguántao todo porque viven nun verdadeiro sistema democrático. Non son intocables. Aquí si. Aquí rinse de nós a conta dos dereitos históricos e resulta que o dereito histórico dunha cuadrilla de vagos, iso é intocable. Por iso o que máis me gustou foi iso de que o Príncipe Felipe diga que ese é o seu único traballo.

E digo isto porque en Madrid, no Madrid político e sobre todo no Madrid do PSOE, non se lles pode tocar nin co pétalo dunha rosa.

A miña última discrepancia con esta familia foi durante o discurso do Rei no 30 aniversario das primeiras eleccións democráticas co vídeo encargado por Marín que era unha páxina da revista OLA parecendo que o importante fora o que fixera o Rei e non a xente co seu voto e, antes, na entrega dos Premios Carandell no Senado onde non logrei puxésenlle de número 1 ao presidente do Senado que era o anfitrión e puxéronlle de número 2. Eu argumentei que Felipe de Borbón non fora elixido por ninguén, que non era o Xefe do Estado, que non se facía o acto na súa Casa, pois non houbo forma nin xeito. A cortesanía con esta familia é enfermiza e de aí esa obsesión, cuberta de silencio, de dicir que é a Institución máis valorada.

Logo, de cando en vez ocorre o do Xoves e o rei queda espido, ou se descobre que está cazando e non acode o primeiro á Clínica cando nace a súa neta e cousas así. Por certo. Cando naceu Juan Carlos, en xaneiro fará setenta anos, o seu pai Juan de Borbón tamén estaba cazando preto de Roma.

Esta é pois unha familia impresentable, rodeada de censura de prensa e cun nivel de empalago da maioría cara a unha institución caduca que clama o ceo.

Dílleme que é mellor iso a que o presidente sexa Aznar e contéstolles que se o fose Aznar sería polo voto popular e a este púxoo aí Franco, un xeneral asasino e golpista e que ao cabo de cinco anos a Aznar mandaríaselle a casa e a estes como máximo, só pódeselles facer unha caricatura...

Ese é o verdadeiro escándalo desta semana. Non a caricatura que está moi ben senón que toda a familia co orzamento público veranee de gorra dous meses, Marichalar incluído.

E agora, esta semana, con iate novo.

Se, si. Non tivo o feito a menor repercusión e con todo o Borbón estreou outro Bribón. Acábao de facer nunha regata en Mallorca, sacando ao mar o seu novo barco de regatas, un moderno deseño adecuado para competir na clase TP-52, unha categoría considerada a estrela da vela. Acaba de ser construída no estaleiro valenciano King Marine. E non houbo escándalo algún.

O Bribón foi botado o pasado mes de maio e en xuño, no litoral de Alacante, xa demostrou as súas condicións triunfadoras coa súa tripulación habitual. O barco é o décimo cuarto veleiro que co mesmo nome constrúe o seu armador, o empresario José Cusí, amigo do rei e compañeiro habitual de francachelas deportivas.

Bo, para o meu leste é o verdadeiro escándalo e non o debuxo, e, ante isto, o xuíz do Olmo non fai absolutamente nada. Dous meses de vacacións, un Bribón novo, cacerías e ausencias pero o importante é un dibujito dicindo que está traballando. España segue sendo diferente. Pero se segue así, a estancia desta familia na Zarzuela e en Marivent, ten data de caducidade. Que a xente empeza a espertar.

E, no fondo, todo por culpa dun PSOE cortesán e pelota. ¡Xa está ben!

O RESCATE DOS NOSOS DESAPARECIDOS

ascroas — 22-07-2007 GTM +1 @ 09:59

Recollemos do xornal El País



tomas_martin_castro_mayta.jpg

Cruzaron o Atlántico para afrontar unha nova vida e atopáronse co réxime militar arxentino. A recente identificación de 30 dos máis de 300 galegos desaparecidos rescata a historia de tres destas familias, que 31 anos despois seguen reivindicando "memoria, verdade e xustiza".

Tomás Martín Castro Mayta non recuperou o apelido do seu pai ata 1999, cando tiña 24 anos. Fillo de desaparecidos durante a ditadura militar arxentina, viviu cun matrimonio que descoñecía case todo del, excepto o nome e a idade aproximada. "O meu sobriño tiña só dous anos, fora a un aniversario a casa duns veciños e durmiu alí. Esa noite o Exército levou aos seus pais", recorda Fermín Castro, veciño de Pontedeume e tío de Martín, que intentou localizar desde Galicia á súa familia.
"Crese que o meu irmán desapareceu o 20 de maio de 1977", explica Castro. O fillo, Tomás Martín, recuperou os recordos. "Eu quedeime cos compañeiros dos meus pais, pero tiñan medo e decidiron irse. A idea era deixarnos coa nai da señora, pero era difícil xustificar tres mozos da mesma idade nunha familia, así que me trouxeron a Córdoba e decidiron situarme cun matrimonio ata que localizasen a algún familiar".
Pero os matrimonios apenas tiveron "dúas citas fugaces" antes de que desaparecesen tamén aos compañeiros. Así que a familia Mayta acolleu a Martín e intentou buscar a algún familiar do pequeno.
"En plena ditadura leváronme a Bos Aires e alí visitamos a varias asociacións, como o Serpaj ou as Avoas de Praza de Maio". Ademais, xurdiu outro problema: "Eu non tiña unha identidade persoal e decidiron adoptarme como fillo propio". A familia Mayta nunca ocultou a Martín a súa procedencia: "Sempre souben a verdade, tamén era bastante evidente porque hai diferenzas físicas moi obvias, sobre todo, entre o meu papá e eu, que é moi moreno. De pequeno dábanme a entender que non había estado na tripa da miña mamá e foron engadindo detalles, ata que aos 12 ou 13 anos terminaron de armar a historia".
Cruzando o Atlántico, desde Galicia, Fermín Castro buscaba ao seu irmán e a súa familia. "Comezamos durante a ditadura, pero sempre nos dicían que se marchou para Cuba". "Tiña un dossier con datos e fotografías...Un día a CIG fixo unha homenaxe a galegos desaparecidos, fun alí e coñecín a Lois Pérez Leira, que me axudou". Puxéronse en contacto co Conadi e Avoas da Praza de Maio, que pensaron en Martín.
"A resolución do caso chegou moi rápida, demasiado diría eu", explica Martín. "En setembro de 1999 resolveuse e en decembro xa estaba en España. Entón comezaron os meus problemas de identidade. Tivemos problemas legais porque había un feito de apropiación dun neno, aínda que foi en vistas de salvarme a vida. Que estivesen buscando a miña identidade durante anos foi unha atenuante".
O seu caso sentou xurisprudencia: de todos os fillos desaparecidos que atoparon ás súas familias biolóxicas foi o único que quedou cos dous apelidos e fíxoo por decisión propia.
O reencontro cos parentes biolóxicos "supuxo un shock" e coa familia chegaron tamén detalles da súa infancia: "Unha curmá do meu tío Fermín, que era a miña madriña, acordábase da capela na que me bautizaron e alí estaba a miña acta de bautismo, co meu nome completo e data de nacemento".
Antonio Adolfo Díaz López tiña cinco meses cando emigrou a Arxentina, de onde nunca regresou. Naceu no barrio de Canido de Ferrol o 5 de febreiro de 1952. Viaxou a Arxentina xunto aos seus pais, que temían unha terceira guerra mundial. Vinte e catro anos máis tarde, o 15 de xuño de 1976, ás 11 da noite desapareceu do seu domicilio de San Fernando, provincia de Bos Aires, xunto á súa esposa, Stella Maris Riganti, enfermeira. Facía tan só cinco meses que se casaron.
Desde ese día, a súa nai Dionisia López Amado (Cedeira, 1952), emprendeu unha loita para esclarecer as causas da desaparición do seu fillo e a súa nora que 31 anos despois aínda continúa. "A galega da zona norte", como a coñecen na localidade de Tigre, na provincia de Bos Aires, onde reside desde fai 55 anos, foi unha das primeiras Nais da Praza de Maio, unha asociación que naceu o 30 de abril de 1977 por iniciativa de nais de desaparecidos e detidos que se manifestaron en devandita praza para ter unha audiencia co presidente Videla.
Hoxe, aos seus 79 anos, di ter a vida "feita e desfeita". "A última vez que viron ao meu fillo con vida foi entrando pola porta número 4 nas instalacións militares de Campo de Maio
[un dos maiores centros clandestinos de detención e exterminio da ditadura]", comenta emocionada. "Quedeime sen voz a primeira vez que visitei as instalacións, só de pensar que alí asasinaran ao meu fillo".
Afirma que a súa vida foi a loita por atopar ao seu fillo, do que di sentirse "moi orgullosa". Dionisia non sente odio, "que non che deixa pensar, nin razoar, nin amar, e eu quero darlle moito amor aos meus netos e ao meu bisnieta", di. Ademais "eu non son como eles, teño sede de xustiza, non de vinganza". De forte carácter independente, esta arxentina de adopción dá grazas a deus de non deberlle nada a ninguén nestes 31 anos de loita. "Non vou morrerme sen deixar todo arranxado", asegura.
A represión non entendeu de clases sociais. Juan Carlos Casariego de Bel (Ribadeo, 1923), avogado e alto funcionario do Ministerio de Economía, onde se ocupaba de investimentos estranxeiros, foi secuestrado na noite do 15 de xuño de 1977. Casariego ascendera ao posto facía só un ano, pero se mostraba contrario ás decisións que se tomaban desde a Administración, tal e como asegura a súa filla María, que por aquel entón tiña 17 anos. Un mes antes da súa desaparición as conversacións co seu pai fixéronlle sospeitar que algo andaba mal.
A mesma noite do seu secuestro, tras unha entrevista con Walter Klein, un secretario do Ministerio de Economía, o seu pai non regresou a casa nunca máis. Nai e filla acudiron de madrugada a comisaría a cursar a denuncia oportuna, pero non conseguiron nada. Walter Klein tamén se negou a recibilas.
"Era coma se tragoullo a terra", afirma María. Ao pouco recibiron unha chamada pedindo un rescate de 50.000 dólares. "Nese momento a miña mamá pide probas que confirmen que realmente teñen ao meu papá", recorda, e é María a que tivo que acudir a por elas. "Mandáronme desarmar o botón dun inodoro e alí atopei o seu rexistro e unha medallita que sempre levaba colgada. A partir de aí empezaron as negociacións".
Xunto á súa nai acudiron aos medios de comunicación para informar do caso, pero "non se podía publicar nada. O meu pai era un dos 21 puntos que o xornal Clarín tiña prohibido tocar". Despois tiveron dúas oportunidades máis para confirmar que Casariego estaba vivo, a última, unha nota escrita polo seu pai. "Cando vin a letra estaba esvaecida, pensei inmediatamente que había estado sometido a torturas", di. Nunca máis souberon del.
"Fai 12 anos chamoume un xornalista para facer un programa teatralizando a desaparición do meu pai e pedíndome que corroborase certa información". Tratábase da transcrición do interrogatorio previo á desaparición do seu pai, onde se cuestionaba a súa intervención en distintos casos relativos ao seu labor no ministerio. A última frase do documento transcribía: "Senténciaselle a matar".
María Casariego presentou en 2006 unha querela que involucra ao ex ministro José Martínez de Fouce na desaparición do seu pai. "Pido que se investigue porque é un dato moi rechamante que, sendo o meu pai funcionario do ministerio, este nunca interviñese", sinala. Hoxe só pide que a historia do seu pai "circule", que se saiba que pasou. O seu único anhelo é "que haxa memoria".

POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN

ascroas — 21-07-2007 GTM +1 @ 13:34
eljueves.jpg
Escribimos esta nota o venres, 20 de Xullo de 2007, ás 19h. Temos a redacción chea de medios de comunicación que nos preguntan o por que do secuestro da revista. Non sabemos que responderlles. O Xoves publicou decenas, centos de debuxos sobre a familia real ( e sobre políticos, famosos, o ETA e todo o que se move). Ata publicamos un libro, TOCANDO Os BORBÓNS, un tomazo de 350 páxinas que recompilaba os debuxos máis divertidos.
Somos humoristas gráficos e traballamos conscientes de que a nosa obrigación, o que nos piden os lectores, é que exploremos o límite da liberdade de expresión. Podemos aceptar que, ata, nalgunha ocasión, podámolo traspasar . Gajes do oficio. Se nos pasamos para iso están os tribunais pero...un secuestro? a policía percorrendo os quioscos de todo o país retirando a nosa revista? De verdade escribimos isto o 20 de Xullo do 2007?

GLENN

ascroas — 19-07-2007 GTM +1 @ 01:26

pico_vello.jpgPontedeume sempre foi terra de acollida daqueles que se sentiron impresionados pola beleza da paisaxe eumesa, das súas tascas e das romarías. Abofé que poucos vilas poden presumir de tantas virtudes. E iso é notorio nada máis desembarcar nestes lares.

Uns personaxes que quedaron cautivados por este pedazo de terra foron unha parella de ingleses, altos, aristocráticos, extrovertidos e de fácil comunicación. Pero a diferencia doutros que tamén se namoraron do terreo que acababan de coñecer, os ingleses fixérono dende outra perspectiva: a do valor xeolóxico. El, de profesión xeólogo, é administrador dunha empresa de capital anglo-sudafricano que busca abrir unha mina de andalucita na zona de Pico Vello, a carón das Fragas do Eume. O que nun principio parecía un caso envexábel de bohemios subxugados pola paisaxe, non era máis que un exemplo de busca de lucro incesante a costa da paisaxe. Unha continuación da cadea colonizadora que comezou cando os ingleses se apropiaron dos recursos de Sudáfrica. Son estes dous países os que agora procuran a riqueza dos galegos das terras do Eume.

O nome de andalucita se atribúe a un inglés que decubríu este mineral nunha paraxe castelá e, crendo que estaba en Andalucía, chamoulle anadalucita. Esta mostra de ignorancia, a mesma que lles leva a chamar á empresa que representan Picobello Andalucita polo lugar de Pico Vello no que se atopa o mineral, non é impedimento para conseguir grandes réditos da explotación dos recursos locais. Sempre foi Gran Bretaña un país que non necesitou da cultura para converterse nunha potencia mundial. O petróleo iraquí, máis valioso que a andalucita, esixíu esforzos ímprobos, sanguentos e tráxicos. Agardemos que o noso mineral non acade no mercado o valor do petróleo.