Non sabemos se a decisión de comezar con este suxestivo tema terá algo que ver coa asistencia do alcalde de Pontedeume. Pódese tratar dun complexo mecanismo do subconsciente do comisario da exposición que asociou a figura do rexedor local á situación urbanística e medio ambiental que está a sufrir a vila dos Andrade. Porque, efectivamente, todo o mundo pensa que o Sr. Freire ten un mundo persoal no seu maxín que lle fai contemplar unha realidade que en nada se parece á oficial. Se os técnicos de urbanismo da Xunta de Galiza consideran que certas obras son ilegais, o Sr. Freire é capaz de dictaminar unha conclusión radicalmente distinta grazas á súa percepción extrasensorial. Se os xuices dictaminan que a alcaldesa de Cabanas é culpábel dun delito de prevaricación, novamente D. Belarmino discute as resolucións daqueles señores que en nada saben interpretar o mundo no que vivimos.
Pero se parece claro que o alcalde de Pontedeume posúe un mundo propio na súa cabeza, o que xa non está tan claro é cal é esa máquina capaz de crear realidades á conveniencia de cada un. Algúns pensarán que o cargo altera as neuronas; outros achacarano aos promotores da construción. En calquer caso, a solución a esta incogita xa merece a asistencia a estes actos tan intelixentemente programados.

Chúzao
del.icio.us
Deixar un Comentario