A consellaría de Medio Ambiente está a abrir locais de albergue (non alterne) para mascotas. Son varios os que xa funcionan en todo o territorio galego. Neles dase asistencia veterinaria aos animais así como controles de emfermidades e vacinas. Tamén, como non podía ser menos, campañas de esterilización. Este servizo pretende dar asistencia a 5000 ou 6000 animais. Só no concello de Lugo vanse investir 300.000 euros. O director xeral fixo este anuncio na presentación do servicio de asistencia técnico-sanitaria nos albergues da Unión de Protectoras Federadas de Galicia. Xa comezaron a efectuar visitas aos trece albergues distribuidos pola xeografía galega e dentro de pouco realizarán unha visita ao de Pontedeume, entre outras localidades, para continuar con esta campaña asistencial.
Os mal intencionados non deberán asociar esta noticia coa anterior, publicada nesta mesma páxina.

Chúzao
del.icio.us
Deixar un Comentario