Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

barracon.jpgOs rapaciños do colexio Couceior Freixomil xa teñen un novo centro despois de que o seu fose anegado polas augas subterráneas.

Xa dixemos nestas páxinas que chamarlle módulos a este tipo de construción non é máis que unha forma de ocultar unha palabra máis acorde coa realidade:barracón ou caseta. Como ninguén discute xa que terán que pasar aí todo o curso escolar, preguntámonos se é xusto que os nenos deban habituarse tan cedo ás privacións que a nosa sociedade ten a ben dispensarnos en materias de primeira necesidade, como é o caso do ensino ou da sanidade.

Hai malintencionados que xa din que este modelo de caseta comercialízase baixo o nome de Guantánamo. Nós non cremos que os pequenos pasen tanta calor cando chegue a época estival, se ben é certo que estas construcións atraen en grande cantidade as radiacións solares. Aínda tendo en conta que os expertos vaticinan aumentos considerabeis das temperaturas por mor do cambio climático, nunca chegarán aos valores acadados na illa caribeña. Tampouco nos consta que vaian ser obrigados a vestir un mandilón laranxa.Por iso dende aquí pedimos tranquilidade aos pais.




 

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>