Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

reganosa.jpegUn pouco tarde enteirámonos que por Pontedeume vai pasar un gasoduto que levará o gas dende a planta toxeira de Mugardos ata Meirama. A noticia aparece publicada no DOG do día 16 de marzo do 2006. Este gasoduto servirá para dotar de combustíbel ás futuras plantas de ciclos combinados de Meirama e Sabón, ademais de diversificar a subministración de gas natural, de importancia vital para o futuro de...Toxeiro e Cia.

O  tramo que afecta a Pontedeume virá de Cabanas e seguirá cara a Vilarmaior. Non sabemos o emprazamento exacto do seu percorrido pero, se se nos permite, podemos asesorar sobre esta cuestión.

Podemos establecer máis dun traxecto posíbel. Unha alternativa situaría a esta canalización por baixo do edificio de Caldagueiro. Outra posibilidade sería facer pasar o gasoduto polos baixos do hotel Eumesa.

Non é maldade senón pragmatismo. Cremos que non hai mal que por ben non veña e se algún día hai un accidente (que non desexamos)...



Un Comentario »

  1. Pasa pola Xunqueira na entrada do Parque Natural das Fragas do Eume, un pouco antes do campo da festa do río. No toca zoa de parque natural pero case

    eu

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>