Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Lido en La Opinión:

nacionalismo.jpgAs eleccións municipais supuxeron unha clara derrota dos partidos do goberno en Pontedeume: 550 votos menos entre os tres. E máis derrota é cando os gañadores eran candidatos de baixo perfil político: subiron 130 votos entre os dous, axudados por estraños e sorprendentes aliados.

O Círculo de Opinión Eumés (COE), un grupo de amigos que nace do resentimento, cunha oposición sen o mínimo respeto á ética política democrática, de rancio populismo dende o panfleto, nunca dende o foro democrático, o pleno, baseada no insulto, as medias verdades e o vulgar, alimentando os sentimentos máis primarios da xente: a xenofobia contra o candidato do BNG, "o pontevedrés", por non nacer neste Concello; contra a dignificación do exercicio político con campañas moi sucias contra as dedicacións exclusivas, que agora volveranse contra deles, etc.

O PP estivo sorteando o cabeza de lista ata mes e medio antes das eleccións, sen proxecto algún, xa que nin tan sequera elaboraron un programa electoral, cunha composición de lista de xente sen inquietude política nin social algunha. O que si fixeron foi alimentar conflictos contra o BNG, coa recalificación da zona industrial de EINSA e confundindo aos veciños de Nogueirosa contra a galescola, cuestións estas que se clarificarán de inmediato.

Pero o que máis resaltou foi a súa cobardía para o debate democrático, negándose a participar nos debates coas demais forzas e mesmo sen convocar nin un só acto para dar conta das súas propostas. Debo concluír que, con este panorama, o triunfo non foi por méritos dos gañadores, senón por deméritos dos perdedores, o que nos obriga a reflexionar sobre como corrixir os erros que, sen dúbida, cometemos, para que a xente de Pontedeume recupere a confianza no nacionalismo de esquerda.

Emilio Salorio é ex concelleiro do BNG de Pontedeume

Unha paranoia típica dos perdedores é a de ver pantasmas por todos lados. Segundo Salorio, outro perdedor, os vencedores das eleccións foron "axudados por estraños e sorprendentes aliados." Non sabemos moi ben a quen se refire o ex-concelleiro pero dende logo non aos electores que decidiron non renovar o seu apoio aos partidos gobernantes. E non poden ser os lectores porque de estraños non teñen nada. Todos figuran coa súa identificación no censo electoral. Pode que Salorio estea a referirse a un colectivo como Fusquenlla que fixo unha grande campaña de denuncia contra as barbaridades urbanísticas do equipo de goberno. Mais se é así, Salorio debería saber que a falta de apoio social está motivada polos erros desa política; que a veciñanza exixía transparencia e compromiso co entorno territorial. Non se pode matar ao mensaxeiro por traer malas noticias.

No que si acerta Salorio é no retrato que fai dos membros do PP e COE. Tanto a linguaxe vulgar destes últimos, que denota unha escasa formación polítca e cultural, ata a composición dos primeiros, unha xente sen inquietude política nin social algunha. Todo o contrario deste candidato que hai xa moitos anos decidíu cambiar a fábrica pola política. Relegado agora a permanecer fóra do Concello, non terá moitas oportunidades de contribuir a esa recuperación do nacionalismo de esquerdas da que fala. Moitos pensan que cando se erra en política, os erros deben correxirse con novos actores. Non parece que os nacionalistas de esquerdas pensen o mesmo, ao mellor porque non son de esquerdas. Ou nin siquera son nacionalistas.

Comentarios(4) »

  1. Este ex-concelleirro non deu asumido que PP e COE gañaron cos votos dos seus seguidores e cos de moitos ós que el e a banda coa que se xuntou defraudaron.

    E moito menos, asume que o goberno anterior non fixo nada para gañar os votos de aquéles ós que tomaron por tontos. Sabe que ten, polo menos, para catro anos sen vivir de moca.

    Só busca culpables fora da súa organización, e á fin é aí onde se atopan os responsables desta debacle.

    En ningún momento se dignou a pedir perdón do mal que fixeron e máis que querían facer. Eu espero que os actuales sepan corrixilos, aínda que o ex concelleiro quere convencernos de que non o van conseguir, pois os descalifica totalmente: a uns por ser un grupo de amigos resentidos xenófobos e algunhas cousiñas máis.
    Os outros sacaron o alcalde na tómbola, son cobardes e sin inquietude política e social.

    A este ex-concelleiro sóbralle moita cara. Foi un membro destacado da maior banda de mentirosos, oscurantistas, intransparentes e ilegais que pasou por este concello.
    Tanto o goberno, coma el, foron BASTON de INMOBILIARIAS E CONSTRUTORES desaprensivos.

    O MOUCHO

  2. Ademáis de falsario. Esa carta non a poido escribir un ananalfabeto como salorio.

    anxocaído

  3. Salorio toda a vida viviu do conto ,primeiro do sindicato e cando o botaron destes,da política local.por eso está tan enfadado por que os séus ingresos se van reducir,pero él non e culpable desto,os culpables foron os que en sucesivas eleccions votaron por él,si hai tontos non e culpa sua

    santi

  4. O tal Salorio non é mais cun caradura con moi escasa formación, por mais que se estire, tanto él como o resto do goberno anterior estiveron enganando en mentindo continuamente aos veciños, nunha posición por enriba de todos. O mais significativo, e que define moito a sua escasa valia, é que non sexa capaz de pedir perdón aos veciños agora que xa esta fora do concello, debería decirnos o porque de chegar a este lugar, ou quizas sexan tan necios que nin o saiban.
    Agardemos que tanto Salorio como Rei sigan o mesmo camiño que Regueiro, e non os volvamos a ver en política.
    Adios Emilio, adios con el corazón que xa jodiches abondo esta vila.

    Andres

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>