Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

poder.jpgBuscando nas hemerotecas un pode percibir como o devir histórico reinterpreta as noticias que no pasado adquirían visos de credibilidade.

Lido en La Opinión en decembro do 2006:

El grupo municipal del BNG en el Ayuntamiento de Pontedeume ha negado que el futuro Plan General de Ordenación Municipal (PGOM) favorezca los intereses de las grandes constructoras para crear "enormes e innecesarias urbanizaciones". Los nacionalistas han considerado necesario salir al paso de las críticas realizadas por el colectivo Fusquenlla, así como por varias asociaciones de vecinos, contra la política desarrollada por el departamento eumés de Urbanismo, que dirige el nacionalista Celestino Regueiro. El BNG ya ha iniciado contactos con las entidades vecinales con la intención de "aclarar una serie de cuestiones".

Desde el BNG aseguran que el avance del plan urbanístico eumés no desatiende a los núcleos de población tradicionales ni favorece las grandes urbanizaciones. "Faltan a la verdad [Fusquenlla y las entidades vecinales], están desinformando o simplemente quieren confundir a la opinión pública. De acuerdo con la Lei 9/2002 en la totalidad de núcleos rurales se prevé la expansión en un radio de 200 metros. Frente a lo que se asegura, no se recogen macrourbanizaciones ni campos de golf, ni se pretende favorecer ninguna especie de saturación o colapso urbanístico", recalcan los nacionalistas.

Los nacionalistas indican, finalmente, que no pueden compartir la "obsesión de los que consideran, a través de la crítica destructiva, a Pontedeume como un punto negro dentro del litoral". "Consideramos que hay un futuro urbanístico esperanzador porque estamos a tiempo de evitar los errores que se cometieron aquí o en otros lugares del entorno", concluye el BNG.

Pois ben, o plano de urbanismo foi rexeitado pola Xunta de Galiza, dándolle a razón aos colectivos antes mencionados. As razóns: aumento excesivo do chan urbanizábel, falta de proteccción de zonas do litoral ou con valor paisaxístico, etc.

A verdade. Sempre prostituida polo poder para enmudecer aos críticos. Curiosamente é unha artimaña que surte efecto nun primeiro momento. Co paso do tempo, a historia coloca a verdade no seu lugar e desterra ao fraude. Nos últimos tempos houbo casos escandalosos de mentiras espalladas polo poder, mentiras que logo se tornaron en contra deste:armas de destrución masiva, atentado do 11-M, etc.

Unha lección mal aprendida polos dirixentes locais do Bloque Nacionalista Galego lévalles a perder as eleccións do pasado 27 de maio. Adecuar a realidade ás necesidades dos políticos parécelles a única forma de sustentarse no poder. Esta realidade pode ser terxiversada, nos casos máis sutís, ou simplemente reinventada polos máis desvergonzados. Esta última opción é a predominante en Pontedeume. E tamén a que máis facilmente deixa ao descuberto a auténtica verdade.

Cren os politicos que a súa palabra nunca será cuestionada pola plebe, incapaz esta de dilucidar sobre o ben e o mal. Segundo erro da clase dirixente: menosprezar a capacidade dos gobernados para interpretar os feitos que acontecen. Dous grandes pecados da clase política eumesa: a burda mentira e a soberbia.

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>