Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

alcohol.jpgO parentesco entre sábados e liortas xa está suficientemente demostrado. A última pelexa tivo lugar o pasado fin de semana entre "señoritos da Penela" e "furibundos vilanchos". Non coñecemos o resultado final nin os vencedores. Dá igual porque os perdedores somos os que aspiramos a unha vila moderna, tolerante, solidaria, pacífica, culta e cun nivel de vida propio das cidades europeas. Unha utopía. Pontedeume sigue a ser unha localidade na que perviven os vellos exemplares da España ruda, os expoñentes da virilidade celtibérica. ¿Onde se víu que un home culto é mellor que un patán con atributos entre as pernas? O mesmo deben pensar os que teñen nas súas mans a salvagarda da orde pública pois os sábados á noite o territorio eumés é zona liberada para os que fan das bravatas o seu estilo de vida. Bares que emborrachan a menores, menores que desexan imitar aos adultos, adultos con coeficiente infantil, autoridades que non velan pola convivencia, policías que descansan, médicos superados no seu traballo, profesores desorientados,...
E Pontedeume sigue a ser unha vila tradicional.

Comentarios(2) »

  1. totalmente de acuerdo contigo

    Letizia

  2. Correcto. As dúas últimas visitas nocturnas a Pontedeume acabaron en liortas. As "mocedades", trala pregunta "e ti, ¿de ónde es?" e escoitar unha resposta diferente a Pontedeume ou similar, empezan a repartición. Panda de mamóns!!

    Un que non volve

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>