Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

fraga.jpgOs altos cargos da Xunta de Galiza cobrarán, a partir de agora, un salario anual de 15.000 euros de por vida. Entre estes estarán o presidente, conselleiros , directores xerais e directores xerentes.
Os concelleiros de Pontedeume están poñendo ao Concello nunha situación de ingobernabilidade por mor dos soldos que se atribúen. Os que sempre criticaron que se cobrasen soldos, agora o aceptan como unha evolución política (F. García Sande-COE). Outros siguen opoñéndose a estes cobros, entendendo que a entrega política debe ser desinteresada. Os partidarios das asignacións din que se se quere que o Concello funcione debe ser a costa dunha adicación exclusiva que terá que ser remunerada.
O certo é que durante moitos anos o Concello de Pontedeume funcionou, máis mal que ben, sen soldos para os seus rexedores. Foi Belarmino Freire quen instaurou esta medida que beneficiou a socialistas e nacionalistas. Eles fixaron as cantidades que deberían cobrar en función de non se sabe ben se a súa capacidade ou do seu horario. E algúns cobraron sen ter capacidade e sen cumprir horario. Pola contra, non se implantou a contrapartida do despido en caso de incompetencia, co cal o pobo de Pontedeume seguíu pagando a desastrosa xestión dos últimos anos.
A política é así e así será. Son os políticos os únicos que traballando (alomenos iso din) para os demais fíxanse eles mesmos os soldos a cobrar. Non pasará moito tempo antes de ver como os concelleiros emulan aos altos cargos da Xunta e deciden cobrarse un sobresoldo de por vida. O peor é o efecto chamada que pode ter no futuro para os ávidos buscadores da vida fácil.

Unha nova de última hora:

A reforma da función pública tamén lle dá o sobresoldo a ex alcaldes e deputados

O descubrimento deste novo privilexio que pasara inicialmente desapercibido serviu para que este martes e desde o Movemento pola Igualdade no Emprego Público cualificasen unha vez máis de "cacicada" a reforma e criticasen un privilexio que concede "un sobresoldo de por vida por un traballo que non van exercer". "É impropio dunha sociedade democrática avanzada", láianse. (Lido en Vieiros)

Un Comentario »

  1. extraido de Vieiros:

    PARA REMITILAS AO PARLAMENTO
    En nuncamais.org recollen sinaturas contra o 'plus' dos altos cargos
    "É un insulto e un desprezo aos cidadáns" aseguran os promotores da iniciativa, que gaban as críticas lanzadas por Encarna Otero.

    O sobresoldo que cobrarán os funcionarios galegos que ocuparon altos cargos na administración segue a recibir ataques de diferentes colectivos sociais. Un dos primeiros foi a CIG, e agora é un grupo de cidadáns o que se mobilizan a través da web Nuncamais.org. Dende esta páxina recollen sinaturas en contra da polémica subida dos 15.000 euros.

    Quen está detrás da mobilización?
    Os promotores do sitio web deixan claro que, malia o dominio empregado, nada teñen que ver coa Plataforma Nunca Máis, que se mobilizou contra o Prestige pois “onde hai partidos e sindicatos non hai cidadáns”.

    Os organizadores acusan a PSdG e BNG de aprobar unha subida á que se opuxeron cando estaban na oposición e gaban a Encarna Otero, a Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, que a través de Vieiros se pronunciou en contra do famoso 'complemento'.

    Polo de agora Nuncamais.org recolleu unhas 150 sinaturas en tres días. A súa intención é remitir esas firmas ao Parlamento de Galicia para tirar abaixo a “desfeita” aprobada a través da na nova Lei da Función Pública.

    estou

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>