Dous homes, dous parecidos e dúas traxectorias semellantes. César Antonio Molina, actual ministro de Cultura despois da defenestración de Carmen Calvo, é un home polémico que deixou nun segundo plano a cultura real para enarbolar a bandeira da cultura oficial. Como máximo responsábel do Instituto Cervantes escolleu ao seu amigo Ramiro Fonte para ocupar a delegación deste organismo que vela pola língua española en Lisboa. Os dous, galegos de nacimento, demostran que a hirmandade das falas é posíbel, que non é certo que unha delas, a española, somete á outra. Ninguén pode dicir que os galegos somos resentidos coa língua de Cervantes. Somos quen de defender ao veciño antes que ao fillo. Tamén os dous teñen a esta comarca na sua mente dun xeito especial. O ministro publicou recentemente un poemario adicado ao río Eume; o eumés xa leva unha triloxía
que narra a súa infancia e adolescencia na vila dos Andrade. Os pontedeumeses sempre lles estaremos agradecidos por colocar á nosa vila nas páxinas das principais revistas literarias, xa que non nas estanterías dos fogares galegos, recoñecendo o escaso interese que amosa este pobo noso pola lectura. E de novo o protector Molina acompaña ao discípulo Fonte na presentación do seu último libro sobre Pontedeume, unha pequena vila que xa non nos é recoñecida nos escritos deste autor local. Se antes os nenos xogaban nas rúas, hoxe son as terrazas e os coches as que invaden estes espazos públicos nos que se xestou a memoria de Fonte. Unha mágoa que non se reivindique esa forma de vida tan propia das vilas e tan distante da que caracteriza ás cidades. Os nenos como Ramiro paseaban ata a estación do ferrocarril contemplando o mar a un lado e o monte Breamo ao outro. Hoxe só se divisa cemento a un e outro lado.

Chúzao
del.icio.us
Ramiro es una prueba de lo importante que es Pontedeume en el mundo. Son muchos los eumeses que distinguen a este pueblo y gracias a ellos somos reconocidos en toda España. Por poner un ejemplo, Manuel Torreiglesias, Rajoy (el obispo), Eugenio Pena, los hermanos Maldonado Ponce de León, los Andrade, etc. Y ahora Ramiro Fonte.
Olga
26-12-2007 - 01:41:14 GMT +1
Esqueceches dicir que Molina e neto dun Alcalde Franquista da Coruña,Alfonso Molina,toma unha de memoria histórica!
Tomas
08-01-2008 - 18:12:47 GMT +1
O ministro de Cultura, César Antonio Molina, continúa sementando polémicas e enfrontamentos, principalmente en Galiza e Cataluña. A pasada semana enleouse nunha disputa coa Consellaría de Cultura despois de ter inaugurado o edificio, aínda baleiro, da biblioteca pública de Compostela, con tres anos de atraso e sen ter realizado os trámites para ceder a súa xestión á Xunta de Galicia. Esta semana visitou Cataluña, onde as relacións co departamento que dirixe Joan Manuel Tresserras son aínda peores. Segundo indican fontes da Generalitat, o ministerio non informou nin convidou a Tresserras a estar presente en ningún dos actos de Molina, algo que se nega dende Madrid.
O principal punto de fricción entre Tresserras e Molina é a devolución dos documentos da guerra civil depositados en Salamanca e propiedade de entidades ou particulares cataláns, os chamados Papeis de Salamanca. A devolución a Cataluña destes materiais está paralizada dende hai máis dun ano, algo denunciado pola Generalitat, e por outras entidades, como a Comissió de la Dignitat.
Esta entidade afirmou que o ministro de Cultura, César Antonio Molina, actúa ignorando a autonomía política de Cataluña "como o facían os ministros de Franco". A Comisión da Dignidade denunciou que o ministro "non deu ningún paso para seguir o proceso técnico que ha de posibilitar o retorno" dos documentos de particulares e entidades do Arquivo de Salamanca a Cataluña, e ve "motivos electorais" na actitude de Molina, algo que cualifica de "gravísimo".
Vieiros
10-01-2008 - 01:01:45 GMT +1
Me quedé muy sorprendida en la presentación del último libro de Fonte en Pontedeume, el gallego patatero que hablaban ambos hombres, pese a ser homes das letras galegas..y el fonéticamente exquisito gallego del alcalde actual
viriata
21-03-2008 - 10:17:10 GMT +1