Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O noso insigne veciño Fraga Iribarne fixo célebre esta frase nos duros tempos da ditadura franquista. Foi a raíz da masacre que a policía fixo na igrexa de S. Francisco en Vitoria. O resultado foi de 5 traballadores mortos e máis de 100 feridos. Estaban pechados no interior da igrexa en demanda de melloras laborais. Corría o ano 1976 e Fraga era o ministro da gobernación.

Podemos oir nestas grabacións cheas de terror, un terror que supera calquer ficción, os comentarios dos mandos policiais antes e durante as accións que practicaron para desaloxar o templo asaltado por perigosos elementos ao servizo da revolución comunista. Frases como: "se nos está terminando la munición y las granadas..." ou "después de tirar 1000 tiros y de romper toda la iglesia de S. Francisco..."dan unha idea do absurdo do réxime empeñado en librar unha batalla contra a sociedade española: "hemos contribuído a la paliza más grande de la historia..." "Por cierto, aquí ha habido una masacre"

Para que os que sendo moi novos teñan unha idea da escura historia deste país, recomendámoslles escoitar estas gravacións con un pouco de atención.

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>