Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

cinturon-para-home.jpgUnha enquisa realizada pola empresa Sigma 2 revela que os votantes do PP e do PSOE están menos satisfeitos sexualmente que os non practicantes ou agnósticos. Ademais canto máis á dereita, menos satisfación. A enquisa non aclara a que se debe esta falta de estímulo nos votantes de centro e dereita. Consultados algúns sexólogos, cren que a razón pode estar no complexo de culpa ou pecado que aniña en mentes conservadoras, as mesmas que votan a estes partidos. Outros consideran que a relación é á inversa: a falta de sexo empuxaría a votar a eses partidos, confirmando así a teoría de que a represión conduce ao conservadurismo

Sexa como sexa, o certo é que, segundo Miguel Anxo Cueto, presidente do X Congreso Español de Sexología,  os agnósticos gozan moito máis que os crentes: un 89 % sobre un 29 %. Postos a buscar parella convén ter en conta estes datos para evitar frustracións e demais sorpresas.

Dito o cal, e sen necesidade de elaborar enquisas ao uso, podemos presupoñer cun alto índice de fiabilidade como son os hábitos sexuais dos eumeses. Non teremos máis que repasar a cantidade de votos emitidos en favor do PP e PSOE. Agardemos que as próximas eleccións non sexan as dos votos de castidade.

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>