Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

cruz-rota.jpgOs medios de comunicación fanse eco da preocupación dos bispos católicos que temen a recente sentenza do tribunal de Estrasburgo sobre a eliminación de símbolos relixiosos nas áulas. Para a xerarquía católica esta sentenza pode ser como unha condena a morte da fe relixiosa e terá un preámbulo na progresiva desaparición das cruces cristianas.
Outra pesada cruz que deben soportar os estoicos bispos á que se suman a do aborto e o divorcio.Precisamente sobre o aborto tamén se manifestaron hoxe os bispos. Anunciaron que os políticos que apoien o aborto non poderán comulgar.
De tomarse en serio esta medida os políticos eumeses que forman parte de partidos como o PSOE, defensor da lei do aborto, terían serias dificultades para tragar a sagrada ostia. Tamén se lles podería prohibir participar nas procesións da semana santa como o viñan facendo ata agora.
Vilariño debe expiar a súa culpa e nada mellor que alombar unha cruz na próxima semana santa.

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>