Accedendo á páxina da Xunta de Galiza podemos enteirarnos da traxectoria deste eumés que algún día será fillo predilecto de Pontedeume. Recoñecida a súa valía polos responsables autonómicos fóille concedida a medalla de prata no ano 2003 pola labor desenvolvida a través das ondas como brillante comunicador, en palabras de Manuel Fraga.

Daquela non se prevía o futuro deste eumés recentemente despedido da televisión estatal por "suxerir" ás empresas publicitarias un canon para el á marxe da contratación oficial con TVE.
Entre as numerosas actividades exercidas por Torre Iglesias (quizais Torreiglesias) todas elas vencelladas ao mundo da comunicación hai que engadir a de promotor inmobiliario con base en Pontedeume, a terra que o víu crecer e medrar. Non é descartable que nun futuro inmediato o seu curriculo engrose unha nova medalla, a de ouro de Galiza.
Méritos non lle faltan. Os que seguimos a actualidade inmobiliaria no concello de Pontedeume acabamos de coñecer que o presentador que mellor sabe vivir é un moderno promotor que valora a arquitectura moderna. Fiel a esta concepción acomete a rehabilitación do castro de Nogueirosa con adosados típicos do século XXI en contraposición aos arcaicos e improdutivos restos arqueolóxicos.
Homes como el son os que necesita Pontedeume para engancharse á locomotora de alta velocidade do progreso.

Chúzao
del.icio.us
Deixar un Comentario