Pontedeume, retrato dunha vila http://pontedeume.nireblog.com Wed, 24 Jun 2009 22:41:13 +0100 Pontedeume, retrato dunha vila http://static.nireblog.com/imagenes/logo.png http://pontedeume.nireblog.com http://nireblog.com As linguas suman http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/06/14/as-linguas-suman http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/06/14/as-linguas-suman Ante a campaña que o novo goberno da Xunta está a facer en contra da lingua galega, damos publicidade ao tríptico que os equipos de normalización lingüística dos centros de ensino están a espallar.

A quen vai dirixido este tríptico?.- Vai dirixido a vós, PAIS E NAIS, que queredes o mellor para os vosos fillos e fillas e que sabedes que a mellor herdanza que lles podedes dar é unha boa educación.

Dirixímonos a vós...porque o galego é a lingua propia de Galicia; pertence a todos e todas e non podemos xogar co seu futuro, porque intereses políticos, que non educativos, crearon un problema no ensino arredor das dúas linguas oficiais da comunidade, que pode derivar nunha perigosa fractura social, porque COMO DOCENTES pensamos que vos debemos ofrecer información rigorosa para que poidades decidir o mellor para os vosos fillos e fillas.

Que está pasando? A situación actual é que o idioma que debería unirnos está sendo utilizado para separarnos nunha loita na que algunha xente busca a desaparición da nosa lingua do sistema educativo. Neste contexto, e ante a enquisa que vai realizar a Xunta, pensamos que é necesario que os pais e nais lle fagan saber á Consellería de Educación algo que parece do máis lóxico: que queremos que os nosos fillos e fillas dominen as dúas linguas e que, por tanto, o galego sexa tamén lingua da aprendizaxe.

1. O galego necesita aprenderse na escola . En Galicia temos dúas linguas e o sistema educativo debe conseguir que se dominen as dúas.
A escola ten que garantir que os nenos/as saiban por igual galego e castelán. Hoxe en día, para moitos nenos/as a escola é o único lugar no que conviven co galego. Por iso, xa que o galego precisa espazos de uso, é fundamental que, cando menos, a metade das materias se impartan no noso idioma. Porque, todos estamos de acordo, as linguas apréndense usándoas.
2. Saber galego axuda a aprender. Os especialistas en adquisición de linguas (Cummins, I. Vila, C. Baker...) demostran nos seus estudos que é máis fácil aprender unha nova lingua partindo doutras. Canto máis temperá é a introdución de novas linguas
mellor se consolidan. Se un alumno aprende nunha lingua poderá transferir os coñecementos a calquera outra (se aprende matemáticas en galego, poderá utilizar os seus coñecementos matemáticos en calquera outra lingua).

Sabiades que...

... o alumnado galego ten mellor dominio do castelán que a media española? O informe Pisa sinala que as comunidades con dúas linguas se sitúan por riba da media española en competencia en lingua castelá. Existen estudos que demostran que en Galicia os resultados obtidos polo alumnado son mellores que os doutras comunidades autónomas.

... o alumnado galego ten mellor dominio do inglés que a media española?

... o alumnado galego remata a secundaria máis capacitado que o doutras comunidades que teñen unha soa lingua? Seis premios nacionais de bacharelato e formación profesional deste ano foron para o alumnado galego, alumnado que se formou estudando materias en lingua galega.

O coñecemento das linguas internacionais é necesario, pero nin dinamarqueses, nin holandeses, nin islandeses...deixan de lado a súa lingua propia a pesar de teren poucos falantes. Todas as culturas entenden a lingua como un patrimonio que hai que protexer e do que sentirse orgullosos.
O galego é unha ponte para coñecer a lingua portuguesa e ábrenos as portas a un mercado próximo aos 300 millóns de persoas. Nun mundo fortemente competitivo onde os idiomas van ser básicos para abrirse camiño na vida, temos que ser conscientes todos nós
de que non nos podemos permitir o luxo de desprezar ningunha das nosas potencialidades lingüísticas.

Comments

]]>
Sun, 14 Jun 2009 22:32:02 +0100
Pontedeume, bastión da moral http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/05/16/pontedeume-bastion-da-moral http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/05/16/pontedeume-bastion-da-moral internet.jpegNa pasada Semana Santa a páxina web do concello de Pontedeume estrenouse cunha nova de interese: a publicación do programa de procesións e demais actos relixiosos que a igrexa católica ía desenvolver nesas datas como xa é tradicional. Poucos concellos teñen a valentía de apostar decididamente polo apoio explícito a uns actos relixiosos. Fronte a aqueles que defenden o carácter laico da administración, o goberno local de Pontedeume, coherentemente co ideario defendido polo Partido Popular, non se arreda ante a ola profana que invade a sociedade actual.

Por se quedasen dúbidas da cruzada moral que Torrente está disposto a levar, anúnciase un novo acto que ten como fin preservar aos nosos xoves dos perigos reais que axexan detrás das pantallas dos ordenadores. Unha conferencia impartida por persoal da Garda Cívil que versará sobre "os perigos de internet".

Os pais e nais de Pontedeume podemos estar xa máis tranquilos. Non lles será doado aos pervertidos da rede contactar cos nosos fillos despois das interesantes recomendacións que recibiremos o próximo día 19. Propoñemos dende aquí novas medidas de protección par a xuventude: maior vixiancia nocturna para evitar actos deshonestos en lugares pouco transitados; promulgación dunha lei seca; prohibición da venda de preservativos que son un reclamo para a líbido; prohibición das reunións xuvenís despois das 10 da noite; restricións dos horarios para ver a televisión. E un longo etcétera.

Convencidos que os pais xa non temos autoridade sobre os nosos fillos e mentres estes non sexan responsables dos seus actos, debemos agradecer que sexa o alcalde quen abandere a educación dos rapaces eumeses. Pontedeume pode ser un modelo a exportar.

Comments

]]>
Sat, 16 May 2009 00:12:53 +0100
Alguén que sabe vivir http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/05/08/alguen-que-sabe-vivir http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/05/08/alguen-que-sabe-vivir Esa frase "Saber Vivir" que dá título ao programa que presentaba (xa é pasado) Manuel Torreiglesias (antes Torre Iglesias) parecía ser tamén o núcleo central da filosofía que animaba a este insigne eumtorreiglesias.jpgés. Amante da boa vida e do luxo ostentoso pode presumir de ser o exemplo vivinte do home que partindo da nada chega a ter unha relevancia  e posición social que  traspasa a comarca das Andrade. Claro que para iso tivo que amasar antes algunha que outra fortuna. Agora a direcciópn de TVE acaba de despedilo por determinados excesos. Fontes do sector publicitario recoñecen que, nalgunhas ocasións, Torreiglesias "suxería un canon para el" á marxe da contratación oficial con TVE.
Os eumeses agardamos que este contratempo do ilustre (que non ilustrado) Torreiglesias non acrecente a crise económica que a nosa vila está sufrindo. Sabido é que este ex-presentador ten diversos negocios inmobiliarios en Pontedeume. E cabería dentro do posible que urbanizacións previstas na comarca, signo distintivo de calidade  onde os haxa, se fosen ao tacho por falta de recursos. Claro que algúns ecoloxistas locais seguro que tocarían palmas.

Comments

]]>
Fri, 08 May 2009 16:14:28 +0100
Policías locais contratados ilegalmente http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/05/04/policias-locais-contratados-ilegalmente http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/05/04/policias-locais-contratados-ilegalmente policia-local.jpgAsí opina a Xunta de Galicia do Concello de Pontedeume. Antigamente os concellos podían contratar libremente un número indeterminado de policias locais auxiliares. Cunha nova lei aprobada en 2007 a contratación destes auxiliares non pode exceder do 50 % da plantilla. En Pontedeume, baluarte das ilegalidaes máis sonoras, esta cifra disparouse repetidas veces ata o punto de que foi advertido en 10 ocasións. E como sempre, as advertencias non significaron ningúin cambio na actitude do goberno de Pontedeume. A controvertida independencia do noso concello non pode ser cuestionada por medidas arbitrarias de organismos como a Xunta de Galicia.

Comments

]]>
Mon, 04 May 2009 15:30:47 +0100
Semana santa alternativa http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/04/11/semana-santa-alternativa http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/04/11/semana-santa-alternativa Propoñemos dende aquí á Concellería de Cultura de Pontedeume que  para o próximo ano monte unha exposición deste artista chamado Jam Montoya facéndoa coincidir coa Semana Santa. Un xeito lúdico e transgresivo que faría as delicias dos non crentes, sector importante na nosa sociedade. montoya5.jpgmontoya-magdalena.jpgmontoya4.jpg
montoya1.jpgmontoya2.jpgmontoya3.jpg

Comments

]]>
Sat, 11 Apr 2009 10:17:03 +0100
A última cea http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/04/11/a-ultima-cea http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/04/11/a-ultima-cea ultima-cea.jpgPontedeume non puido celebrar a Semana Santa.  Houbo que suspender algunhas procesións por mor da chuvia. ¿Por que El, sendo omnipotente, permitíu que chovese? Quizais a última cea alongouse demasiado.

Comments

]]>
Sat, 11 Apr 2009 02:07:05 +0100
Unha lección maxistral http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/03/29/unha-leccion-maxistral http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/03/29/unha-leccion-maxistral Aquela rapaza adolescente chegou a casa algo desconcertada despois de escoitar ao seu profesor algo que debera calar. O cotilleo non tiña cabida na súa casa e non debería tela no colexio. Os seus pais educárona así e ela estaba moi satisfeita de ser distinta ao resto. Non había máis que enchufar a televisiòn e darse conta que airear os trapos sucios dos veciños era o pan noso de cada día.

Aquel día o profesor chegou a clase e anunciou aos alumnos as razóns polas que unha das rapazas levaba varios días sen asistir ao instituto. Estaba embarazada. E despois do chismorreo, a frivolidade: advertíu a dúas rapazas que elas poderían ser as seguintes.

Cando llo contou ao seu pai, este recordou inevitablemente a aqueles mestres que tivo nos anos sesenta, máis preocupados por velar pola moral cristiana que por educar.

E isto sucedeu nun instituto calquera, dunha vila calquera, como Pontedeume.

Comments

]]>
Sun, 29 Mar 2009 16:40:35 +0100
Que fan alí? http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/03/15/que-fan-ali http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/03/15/que-fan-ali Dous xoves eumeses partiron esta semana para  Afganistán. Formaban parte dun continxente militar que ten por misión rematar o traballo que o exército dos U.S.A. non foi quen de executar, e nunca mellor dito.

Non cremos que estes rapaces, nin outros, deban participar nunha guerra que como todas é inxusta, innecesaria e só provoca sufrimento aos que menos culpan teñen. O seu lugar está onde os seus amigos e familiares, socializándose, formándose e gozando da vida. Todo o contrario do que supón van facer nun país arrasado pola guerra e a miseria.

Seguro que lles dixeron que a súa era unha misión humanitaria. Poucas veces a hipocrisía dos militares chegou tan lonxe para xustificar as barbaridades dos conflitos bélicos. Poucas veces os políticos se amosaron tan fachendosos á hora de dobregarse ante o poder do imperio. E como sempre, os inocentes pagando os excesos.

A estas horas moitos xoves eumeses están a disfrutar da noite no xardín de Lombardero, no peirao ou na alameda de Raxoi. Pero outros dous están sufrindo unha situación que lles sobrepasa, que non buscaron e que non entenden.

Todos os homes e mulleres do mundo debemos pedir o seu regreso. Queremos telos connosco. E aos afganos hai que procurarlles saúde, progreso e formación. Algo que os exércitos non posúen.

Comments

]]>
Sun, 15 Mar 2009 02:04:17 +0100
A nova Lei do Comercio http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/03/08/a-nova-lei-do-comercio http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/03/08/a-nova-lei-do-comercio

rebaixas.jpgHai un novo proxecto da Lei do Comercio implantada polo goberno español. Ata agora as grandes superficies comerciais, léase Alcampo, Carrefour, etc, debían contar cun permiso das respectivas comunidades autónomas para instalarse en calquera delas. Catalunya é unha das comunidades que máis trabas lles puxo a estas multinacionais para asentarse no seu chan. Galiza tamén. A razón é ben doada de entender: a defensa do pequeno comercio que sustenta a milleiros de autónomos e moitas máis familias.

Pero de repente o panorama vislúmbrase distinto. A nova lei do comercio vai sacar ás autonomías a prerrogativa que tiñan de impedir estes novos mastodontes comerciais. E suponse que pola presión dos grandes holdings

que os avalan.

O comercio eumés, máis preocupado polos aparcadoiros que pola mellora dos seus locais e servizos, non parece enteirarse desta perigosa normativa. Aos comerciantes pequenos do pequeno comercio pásalles o que aos afiliados dos partidos políticos: móvense por consignas. Alguén díxolles hai tempo que os males do comercio en Pontedeume eran as inexistentes prazas para aparcar. Eles, máis cheos de fé que de razóns, comulgaron con esa idea.

Pero que pasaría se de súpeto un Carrefour, por exemplo, se instalase neste concello? Quen siga habitualmente as noticias de Pontedeume estará ao corriente da posibilidade de que os solares que ocupa Einsa en Andrade pasen a ser solo industrial ou comercial. E consecuentemente sexan adquiridos por unha destas multinacionais para facer o agosto a costa dos pequenos comerciantes, un sector maioritario en Pontedeume que outrora gozou dun esplendor que hoxe é decrepitude.

Sempre poden aproveitar os nosos tendeiros a súa experiencia para opositar a unha praza de caixeiro nun destes hipermercados.

Comments

]]>
Sun, 08 Mar 2009 19:29:49 +0100
Receitas eumesas http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/02/17/receitas-eumesas http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/02/17/receitas-eumesas

POLO AO CONCELLEIRO

Ingredientes:

- Un polo
- Un despacho
- Un par de chourizos

Preparación:

- Cóllese o polo.
- Colócase nun despacho.
- Rodéase de chourizos.
- Déixase ao seu antollo.
- El só vaise facendo rico, rico, rico.

Comments

]]>
Tue, 17 Feb 2009 13:22:00 +0100
Probablemente Deus non existe http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/02/04/probablemente-deus-non-existe http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/02/04/probablemente-deus-non-existe A pesares diso existe a humanidade.

Así que deixa de preocuparte pola vida eterna e traballa polo presente.

Deixa de preocuparte polos pecados e disfruta da existencia.

Non esperes que os desalmados reciban o seu castigo. Axúdalles a encontralo.

Non esperes que a túa bondade sexa recompensada. Sempre haberá un mal nacido que se aproveite de ti.

A Terra xa non é o centro do Universo. Deus foi vítima dun buraco negro.

Desaparecido Deus, que che impide ser libre?

Probablemente a felicidade non exista e teñamos que reinventala.

Probablemente teñamos que reinventar Pontedeume.

Comments

]]>
Wed, 04 Feb 2009 17:00:10 +0100
O botellón súbeselle á cabeza ao Concello http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/02/01/o-botellan-sabeselle-a-cabeza-ao-concello http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/02/01/o-botellan-sabeselle-a-cabeza-ao-concello botellon.jpgHai unha preocupación seria polo fenómeno do chamado botellón. Digamos que unha dobre preocupación. Por unha banda o consumo de alcol é prexudicial para os máis xoves (e tamén para os adultos, claro). Por outra, o mobiliario urbano e os lugares públicos nos que se realizan estes rituais de entrada na maiorìa de idade, sufren importantes deterioros pola inconsciencia etílica.

O Concello de Pontedeume vén de publicar un bando no que pide a colaboración do sector hostaleiro para erradicar os botellóns. Unha inxenuidade semellante á dos que pregonan que Endesa deixe de producir enerxía eléctrica porque contamina. O mercado non está para prescindir de beneficios e menos nos tempos que corren. Se os hostaleiros deixan de vender alcol aos rapaces, de que vivirán as súas familias? Se teñen que pechar os negocios (Pontedeume xa sufríu unha baixada importante no número de establecimentos comerciais) o índice de paro na comarca aumentaría significativamente.

Esta chamada do Concello á responsabilidade dos hostaleiros non é coherente tampouco coa implantación do servizo de autobuses para desprazarse as noites dos sábados ás vilas nas que se celebra o botellón.  O noitebús é un servizo solicitado polos concellos e sufragado pola Xunta de Galiza. Os autobuses deben seguir circulando e propiciando a avalancha de xoves á vila de Pontedeume

Dende aquí propoñemos algunha medida que seguro deixaría limpo o xardín de Lombardero e os almacéns de Raxoi. Iso si, non diminuiría o consumo de alcol pero alomenos salvariamos os lugares públicos. Propoñemos que os propietarios  dos bares regalen unha bebida aos mozos que entreguen no seu local 6 envases baleiros (O consumo medio nunha fin de semana é de 160 c.c. de alcol puro, ou sexa, medio litro de whisky)

Tamén se podería subvencionar o pago das bebidas dentro dos locais. Hai que pensar que os botellóns xurdiron polo elevado prezo das consumicións nos bares e pubs. Conseguiriase así que os rapaciños estivesen protexidos e os pais máis tranquilos (A idade media de iniciación no botellón é de 13,6 anos). Se o Concello paga unha porcentaxe do consumo, estaría aforrando cartos da limpeza e desperfectos ocasionados nos botellódromos.

 

 

Comments

]]>
Sun, 01 Feb 2009 02:42:43 +0100
Pontedeume solidario http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/01/07/pontedeume-solidario http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/01/07/pontedeume-solidario gaza.jpg

Hoxe mércores hai prevista unha xuntanza en Pontedeume  á que estamos invitados todos os que nos sentimos doidos co xenocidio practicado por Israel co pobo palestino. Será no Centro de Maiores ás 8 da tarde. Acudamos.

Comments

]]>
Wed, 07 Jan 2009 00:19:43 +0100
Con Palestina http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/01/04/con-palestina http://pontedeume.nireblog.com/post/2009/01/04/con-palestina

gaza_ataque.jpgAo longo dos tempos moitos gobernantes foron acusados e condenados por xenocidas pero eran xefes de estado de países alonxados de Occidente. Xa se sabe que é Occidente quen define os crimes de guerra e quen sinala aos que os cometen. O estado hebreo é un firme aliado dese conglomerado chamado Occidente e por esa razón conta coa inestimábel axuda das potencias europeas e de EE.UU. Os crimes que Israel está a cometer en Palestina contra a poboación civil palestina-nenos.jpegserían catalogados por Europa como holocausto se o xefe de goberno se chamase Slobodan Milošević ou Theoneste Bagosora. Mais a autoría dun crime non o fai máis ou menos execrábel que outros. As vítimas non atenden ás razóns políticas para preguntarse o por que de tanto sufrimento. Medio milleiro de mortos en tan só unhas horas deberían ser un tremendo revulsivo para a nosa acomodada sociedade consumista, allea aos problemas actuais dun territorio  que, paradoxicamente, foi testemuña desa  historia que hoxe celebramos con ledicia.

palestina.jpgDende aquí queremos amosar a nosa solidariedade  con todos os palestinos en xeral e cos que residen en Pontedeume en particular. Facemos votos para que nun futuro próximo a paz sexa algo irrenunciábel e os actuais criminais sexan xulgados como tales pola comunidade internacional.

Comments

]]>
Sun, 04 Jan 2009 17:47:20 +0100
Amnesia Histórica http://pontedeume.nireblog.com/post/2008/11/11/amnesia-historica http://pontedeume.nireblog.com/post/2008/11/11/amnesia-historica cc.jpgAsí debería chamarse o estraño fenómeno que a sociedade civil (a militar é fariña doutro costal) está padecendo por mor do medo. Transcorreron máis de 30 anos dende a morte do ditador e aínda non fomos capaces de sacudirnos o temor ás pantasmas do fascismo. Dese pánico colectivo o máis salientábel son os recelos a recuperar aos que foron ignominiosamente asasinados e enterrados ás beiras dos camiños. Inxusta actitude para aqueles que deron a súa vida por un réxime democraticamente elexido e por un pobo ansioso de liberdade. Merecen un recoñecemento que implica trasladalos das fosas comúns que os sediciosos elexiron para ultraxar a súa memoria. Porén hai resistencia polos que, por parentesco ou ideoloxía, están próximos aos torturadores e asasinos. Unha condescendencia que cuestiona o carácter democrático do actual sistema e que salpica ás nosas institucións, mesmo ao poder xudicial.

Mais é de ben nacidos restituír o bo nome dos represaliados e desenmascarar a aqueles que dunha forma ou doutra participaron nun dos maiores xenocidios da nosa historia. Nestas mesmas páxinas falouse daqueles eumeses que sufriron persecución, torturas e morte a mans dos facinorosos militares e falanxistas. Hoxe lembraremos a un veciño desta vila que acadou unha alta responsabilidade dentro das filas dos sediciosos: nas súas mans estaba o destino de moitos prisioneiros

Rosendo Vilariño Tenreiro foi nomeado o día 10 de novembro de 1937 Xefe do Campo de Concentración de Prisioneros de Rianjo (sic) polo Xeneral Gobernador Militar da provincia da Coruña. Catro días despois foron destinados a este campo 1047 prisioneiros. A historia destes republicanos sería similar á dos moitos perseguidos polo simple feito de defender a orde constitucional.

No documento no que se dá conta deste nomeamento faise constar que Rosendo Vilariño Tenreiro era un alférez retirado que residía na vila de Puentedeume (sic) na que prestou servizo de armas con máis veciños na vixiancia do pobo, ata que se organizaron as Milicias Nacionais.

Comments

]]>
Tue, 11 Nov 2008 12:03:28 +0100
O secuestro do Dr. Villanueva http://pontedeume.nireblog.com/post/2008/09/25/o-secuestro-do-dr-villanueva http://pontedeume.nireblog.com/post/2008/09/25/o-secuestro-do-dr-villanueva

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

villanueva2.jpgD. Ulpiano Villanueva tivo que soportar os abusos e despropósitos do réxime franquista. Sendo profesor da Universidade de Santiago foi desposeído da súa praza polas antipatías que o fascismo lle ocasionaba. En total 46 profesores da universidade galega foron represaliados durante a guerra por manter unhas ideas contrarias ás doutro galego ilustre aínda que menos culto. Algúns non poideron volver a impartir docencia. Curiosamente, e demostrando as contradiccións da historia, un destes insignes profesores chamábase Enrique Rajoy e era o avó do actual secretario xeral do PP, franquista como poucos. No ano 48 volveuse a purgar a Universidade e nesta ocasión tocoulle ao Dr. Villanueva acusado de pertencer á Alianza Unión de Intelectuales Libre. O ano pasado a Universidade de Santiago rendeu unha merecida homenaxe a estes  profesores que non acataron a barbarie.

A dignidade do  Dr. Villanueva tamén foi recoñecida polo concello de Pontedeume que, ao igual que o de Compostela, lle adicou unha das súas rúas a este benefactor das clases máis desposeidas.

Cando anos máis tarde foi readmitido na universidade, non deixou de ser un personaxe molesto para os cachorros falanxistas que adoecían convertirse en médicos a toda costa. Compañeiros que o coñecían contan del unha anécdota que debuxa perfectamente a súa personalidade. Nun exame, un dos alumnos, falanxista coa pistola ao cinto, non daba contestada as preguntas que o Dr. Villanueva lle facía. Como queira que o suspenso rondaba pola cabeza do torpe mozo, este amosou ao profesor a pistola que portaba. O Dr. Villanueva, intelixentemente, fíxolle saber ao rapaz que non se preocupase, que estaba aprobado; e se quería, coa máxima nota. É máis, desexáballe que como médico chegase ás máis altas instancias do país. Desexáballe que algún día fose o doutor do Xeneralísimo.

Por desgracia este exemplar doutor eumés vese de novo ultraxado. O seu busto que presidía os xardíns de lombardero na vila que o víu nacer, foi roubado por uns desaprensivos que non respectan a memoria daqueles que souberon manter a dignidade ante tanto atropello e brutalidade.

Comments

]]>
Thu, 25 Sep 2008 23:27:14 +0100
Só un chiste? http://pontedeume.nireblog.com/post/2008/08/11/so-un-chiste http://pontedeume.nireblog.com/post/2008/08/11/so-un-chiste

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

castelao.jpegDous madrileños trasladábanse dende a Capital ata Pontedeume e ao chegar a Pedrafita decidiron parar un rato. Ás portas dunha casa atopábanse dous veciños que non podían nin querían ocultar as súas raíces galegas. Un dos visitantes quixo poñer de manifesto ante o seu acompañante  o carácter aldeán dos galegos e decidíu preguntarlle aos vellos cebreiregos: "¿Es esta la carretera que lleva a Lugo?"

A resposta, xa previsíbel, foi: "Non, esta estrada vén de Lugo".

Algo atónitos os madrileños insisten: "Entonces es la que va para Lugo"

"Xa lles dixen que esta vén de Lugo".

Un tanto mosqueados os casteláns vólvense máis provocadores: "Díganme, ¿como llaman aquí a los hijos de puta?"

O máis vello, con moita retranca, contesta: "Nós non os chamamos. Veñen eles sós, dende Madrid"

Comments

]]>
Mon, 11 Aug 2008 23:25:00 +0100
Cando fodas non esquezas a túa lingua http://pontedeume.nireblog.com/post/2008/07/04/cando-fodas-non-esquezas-a-tua-lingua http://pontedeume.nireblog.com/post/2008/07/04/cando-fodas-non-esquezas-a-tua-lingua lingua_galega.jpgParece unha irreverencia pero non o é. Nas últimas semanas hai un bombardeo masivo (este si irreverente) de propaganda contra as linguas oficiais das distintas comunidades. Para os apoloxistas do castelán este é un idioma a punto de desaparecer e convén aupalo á vez que se denosta o galego, eusquera ou catalán.

As Novas Xeracións do Partido Popular en Pontedeume fanse eco desa campaña e non precisamente para criticala. Abogan por inculcar na xuventude o uso do castelán e fano cun lema tan disfruta.jpgambivalente como "Disfruta con tu lengua". Para evitar suspicacias acompáñase dunha fotografía na que unha moza aparece chupando un chupa-chups. O que non é suficiente para esquivar outros pensamentos. E iso sábeno moi ben os creadores da campaña. O uso de mensaxes subliminais para convencer non é nada novo no mundo da publicidade. O raro é que a dereita utilice frases libidinosas para conseguir impresionar aos lectores, facendo súa a máxima de que os fins xustifican os medios.

O que descoñecen os dirixentes populares é que a xuventude vai por outros derroteiros e que verían con máis agrado a proclama que dá título a esta reflexión.

 

 

Comments

]]>
Fri, 04 Jul 2008 01:17:06 +0100
Xuíz de Paz http://pontedeume.nireblog.com/post/2008/07/03/xuiz-de-paz http://pontedeume.nireblog.com/post/2008/07/03/xuiz-de-paz libro_util_para_los_jueces_de_paz.jpgPolo visto o Concello de Pontedeume considerou innecesaria a designación dun xuíz de paz para esta vila. Pode que sexa pola negativa a conceder a Pontedeume un auténtico xulgado de instrución ou porque as liortas que teñen lugar os sábados á noite non sexan demasiado importantes como para ter que recorrer a un xuíz de paz.

A cuestión é que agora a praza está vacante e o Boletín Oficial da Provincia publica un anuncio polo cal se admiten candidatos a ocupar dita praza. Todo isto por iniciativa da Sala de Goberno do TSXG.

Segundo a enciclopedia Wikipedia, denomínase xuíz de paz ao xuíz encargado de administrar xustiza, resolvendo litixios de pequena contía en diñeiro ou de menor relevancia legal dentro dunha comunidade formada por poucos habitantes, frecuentemente rurais onde non existe un xuíz profesional, precisamente por ser lugares con poboación reducida. Habitualmente, un trazo especial do xuíz de paz é que, para desempeñarse como tal, non é condición necesaria ser avogado ou estudar Dereito, é dicir, é un tipo de xuíz non letrado. En xeral, o cargo de xuíz de paz pode ser confiado a calquera cidadán que reúna os requisitos fixados en cada lexislación (usualmente requírese ter un oficio coñecido na comunidade, ter un nivel educativo mínimo, gozar de prestixio entre os veciños do lugar, entre outros).

Dadas as características esixidas aos candidatos non parece difícil atopar ao máis idóneo para o cargo. En Pontedeume existen centos de cidadáns que cumpren os requisitos mínimos. Os máximos é outro cantar.

Da necesidade de contar cun xuíz non letrado non imos falar. Haberá eumeses que preferirían non ter que se someter ás decisións dun iletrado. Desconfianza razonábel se repasamos certas novas publicadas sobre resolucións xudiciais. Pero mellor iso que nada. Quen castigará ao que nos insulta ou ameaza? Quen multará aos xoves que amparándose na moda do botellón estraga o mobiliario urbano? (por certo , pensamos algunha vez que esta moda non lle afecta ao mobiliario rural?). Ademais cun xuíz de paz evitariase, por exemplo, que un condutor que atropelase a un peón dándose á fuga, volvese a conducir un automóbil polas rúas de Pontedeume catro días despois.


Comments

]]>
Thu, 03 Jul 2008 01:29:21 +0100
Meniños http://pontedeume.nireblog.com/post/2008/05/22/meninos http://pontedeume.nireblog.com/post/2008/05/22/meninos medo.jpgEles deberían ser o futuro.

Un futuro cheo de paz e de progreso.

Outros prefiren o caos actual e buscan infundir o medo nos máis pequenos para extirpar a inocencia.

medo2.jpgO medo como forma de sometemento; de persuasión.

E o terror, expresión máxima dese medo, descubre o lonxe que está o futuro.

medo3.jpgMiramos para outro lado querendo ignorar o terror nos ollos dos meniños, convertíndonos en cómplices dos idólatras da violencia.

Pasividade, abono das inxustizas e estigma do ser medo4.jpghumano.

Compromiso, unha necesidade para a pervivencia da especie humana.

Comments

]]>
Thu, 22 May 2008 00:13:29 +0100